Menú

Mostrando entradas con la etiqueta situación da muller no XX. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta situación da muller no XX. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de mayo de 2014

A inventora do lavalouzas

O pasado 22 de xaneiro asistimos a unha conferencia  con Eva López. Eva é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais. A conferencia trataba da situación da muller ao estudar unha carreira e as saídas que tiña despois disto. Eva contounos que a maioría das matrículas da universidade eran de mulleres e tamén estas eran as que sacaban as mellores  notas. Porén os homes eran os que máis iniciativa emprendedora tiñan. En vista destes resultados  creouse Woman Emprende para que as mulleres coñecesen mellor as súas posibilidades de autoemprego unha rematados os seus estudos universitarios.
Eva López comisariou a exposición "Con nome de muller" que estivo ata o venres 31 de xaneiro no vestíbulo do noso instituto, o IES Moncho Valcarce. Nós visitámola o pasado 27 de xaneiro. Alí vimos a historia de algunhas mulleres emprendedoras como por exemplo: Indira Gandhi , Josefa Wonenburger, Maruxa Mallo, etc. Pero nós  imos falar de Josephine Cochran.

Josephine Cochran naceu no 1839 en Estados Unidos. No 1886 creou un lavalouzas mecánico manual. Josephine fixo isto para provocar unha liberación da muller dos labores da casa. Esta mesma máis adiante creou Kitchen Aid, unha empresa encargada da fabricación deste electrodoméstico. O invento vendíase co nome de lavalouzas Cochrane. Esta creou a súa propia empresa, Garis-Cochran Dish- Washing Machine Company que máis tarde se converterá en Kitchenaid, como parte de Whirlpool Corporation.

Rigoberta Menchú Tum


Rigoberta Menchú Tum naceu o 9 de Xaneiro de 1959 nun pobo do municipio de Uspantán en Quiché (Guatemala). Filla dun pai que morreu queimado na embaixada de España en Guatemala por protestar pola situación indíxena durante un asalto que realizou a policía. A súa nai foi secuestrada e torturada por grupos paramilitares. Tamén viu como asasinaban ao seu irmán polos que querían votar aos indíxenas das súas terras.

Rigoberta Menchú e unha líder guatemalteca e defensora dos dereitos humanos. O recoñecemento do seu labor e da xustiza social que representa mereceu o galardón do Premio Nobel da Paz en 1992. O recoñecemento foi pola loita da xustiza social e reconciliación que se baseaba no respeto a os dereitos dos indíxenas.

A raíz deses sucesos e moitos máis espertouse en Rigoberta Menchú a parte pacifista e converteuse nunha líder na loita polos dereitos humanos. A pesar de ser muller e de sufrir ameazas de morte, ela protestou contra os abusos laborais e as violacións dos dereitos humanos e polos dereitos e valores dos pobos indíxenas.
Publicado por somosmozas en A Terra do Preste Xoán

miércoles, 14 de mayo de 2014

A cruel situación da muller na India

Decidimos elaborar unha entrada acerca da situación que está a vivir a muller na India e en moitos outros países. Este tema resultounos interesante, porque vimos unha noticia nun xornal a pasada fin de semana, unha noticia que foi escrita fai meses, pero isto non quere dicir que xa non se siga vivindo esta cruel situación, polo que decidimos buscar información e mostrárvola.
Para comezar debemos dicir que por razóns culturais, moitas familias de diferentes países, abortan ao saber que van ter unha nena, para nós é algo que xa sabíamos, polas numerosas noticias impactantes que aparecen nos xornais ou na televisión todos os días, pero nesta entrada intentaremos aclarar un pouco máis esta terrible situación de dominio dos homes.
Moitas parellas deciden ter un bebé, pero cando se enteran de que é unha nena deciden abortar, ou optan por outra opción, na nosa opinión moito peor, que é abandonala con tan só uns días de vida.
Resulta impactante dicir isto en pleno século XXI pero nun sondeo recente, India figura como o cuarto país máis peligroso para vivir sendo muller. Existe un alto índice de pobreza e isto fai que moitas familias fagan todo o posible por casar ás súas fillas cando aínda son nenas, isto déixanos ver o machismo ao que están sometidas as mulleres, xa que están vistas como obxectos que serven para ter fillos varóns ou para atender ao home en todo momento. Algunhas mulleres sofren maltratos, tanto psicolóxicos como físicos, como xa observamos nalgunha das noticias citadas con anterioridade.
Para intentar sacar unha parte "positiva" de todo isto, decidimos falar tamén sobre os centros de acollida, lugares onde unhas moi boas persoas e dignas de admirar decidiron recoller ás pequenas abandonadas polos seus crueis pais e crialas,darlles o mellor dentro da pobreza e as dificultades que están a vivir no seu país.

Publicado por carlairia en A Terra do Preste Xoán

O secreto dalgunhas mulleres: o maltrato

Melendi naceu no 1979. É un cantante moi famoso na actualidade. A súa música é escoitada por unha morea de adolescentes e non tan adolescentes.  Moitas das súas  cancións reflicten situacións moi duras que acontecen en moitos lugares do mundo como por exemplo das que xa falaron as nosas compañeiras “Cuestión de prioridades” e “De repente espertei
Pareceunos interesante dedicarlle unha entrada a súa canción “ A tortura de Lyss” xa que cando vimos a entrada das nosas compañeiras xurdiunos esta idea.
Esta canción fala do maltrato contra a muller que non solo acontece en España senón en moitos máis lugares do mundo. Especificamente conta historia dunha nena que é violada por o seu pai e que o mantén en silencio xa que por vergoña non se atreve a contalo. Non solo nos mostra o maltrato físico da muller senón tamén o psicolóxico de ter que aguantar que seu propio pai fágalle vivir esa situación. Nos non encontramos se Melendi inspirarase nunha historia real para escribir esta canción, pero este ano tivemos unha noticia semellante o caso das tres rapazas de Cleveland
O maltrato contra a muller non é algo que aconteza por primeira vez na actualidade senón que xorde do pasado, agora na actualidade e en moita menor medida do que era antes pero aínda así queda un longo camiño para conseguir a igualdade en todo o mundo, xa que nos países terceiromundistas o maltrato contra a muller é moito peor que nos países mais desenvolvidos ou polo menos nos países desenvolvidos disimúlase máis e non se percibe tan facilmente.

Publicado por angelanayara en A Terra do Preste Xoán

jueves, 8 de mayo de 2014

A ditadura de Bernarda Alba

Federico García Lorca naceu o 5 de xuño de 1898 en Granada. Lorca era fillo de Federico García Rodríguez e de Vicenta Lorca Romero a que fomentou o gusto literario do seu fillo. Cando a súa familia morreu mudouse a Almería pero regresou a Granada para matricularse no bacharelato. Estudou dereito pero nunca exerceu a avogacía. Tamén estudou Filosofía e Letras. Lorca pertencía a xeración do 27
A casa de Bernarda Alba

A casa de Bernarda Alba é unha obra teatral que escribiu pouco antes da súa morte pola que foi a súa derradeira obra. A súa representación non foi ata o 1945 en Buenos Aires debido a que España atopábase na Guerra Civil.
Esta obra reflectía a lamentable situación das mulleres da época. A obra narra a historia de unha muller que ao quedarse viúva por segunda vez decide que ela e as súas fillas garden loito durante 8 anos.  Bernarda Alba actúa dunha forma moi desconsiderada cas súas fillas xa que a pesar de que ningunha das súas cinco fillas ten mozo quere que permanezan todo o dia na casa cosendo e que permanezan en silencio. Cando Pepe o Romano pretende a unha das súas fillas desencadea unha traxedia debido a que a súa filla pequena róuballe o mozo a súa irma. Cando a súa nai se decata deste romance dispáralle a Pepe pero non logra darlle. A súa filla pequena ao pensar que o seu amor morrera suicidase. Bernarda Alba remata a obra dicindo que a súa filla morreu virxe.
O tema que se trata na obra é sobre a situación das mulleres de comezos do século XX de clase medio-alta. A principal “mala da película” é a nai que somete as fillas a un rigoroso loto e a culpable do que despois acontece xa que non lles deixa liberdade para que vivan a súa vida.
Aquí vos deixamos un vídeo onde se mostra a morte de Adela. Tamén podemos observar que a casa onde vivían era luxosa e grande típica de xente con cartos. Vese a maneira na que Bernarda Alba trata as súas fillas e o estrita que é con elas. Tamén esa importancia que lle da Bernarda Alba ao de que a xente non se decate do que sucede na súa casa. Bernarda Alba aparece como unha muller de costumes.

Publicado por angelanayara en A Terra do Preste Xoán