Menú

lunes, 26 de mayo de 2014

MULLERES E CIENCIA: HISTORIAS DUN TRABALLO SEN ROSTRO

MULLERES E CIENCIA: HISTORIAS DUN TRABALLO SEN ROSTRO
INTRODUCIÓN:
As mulleres contribuíron á ciencia dende os seus inicios aínda que non sempre fosen recoñecidas por iso. En numerosas ocasións topáronse con barreiras moitas veces infranqueables para que os seus traballos fosen aceptados.
OBXECTIVOS: 
  • Coñecer a existencia destas mulleres científicas
  • Destacar a achega de diferentes mulleres galegas á ciencia
  • Reflexionar sobre as dificultades destas mulleres valorando o empeño mostrado por estas para desenvolver un traballo menosprezado pola sociedade.
  • Utilizar as Tics como ferramenta de traballo.
METODOLOXÍA
O alumnado de 1º bacharelato buscará a biografía de mulleres científicas galegas e realizarán unha presentación sobre elas. Nesta presentación aparecerá información sobre a vida da científica, os seus descubrimentos científicos máis relevantes,  premios, detalles anecdóticos...


viernes, 23 de mayo de 2014

A PUBLICIDADE SEXISTA: APRENDE A MIRAR.



INTRODUCIÓN:  A publicidade  invádenos, por iso é tan importante analizar o sexismo que se esconde nos anuncios de televisión, prensa... Estas mensaxes que lanza a publicidade serven para reforzar estereotipos e tópicos, é fundamental analizála e fomentar unha actitude crítica para rematar con ela.
OBXETIVOS: 
  • Coñecer como interveñen os medios de comunicación na construcción da identidade.
  • Achegar claves,instrumentos e conceptos que permitan recoñecer ás distintas situacións de sexismo na publicidade.
  • Adquirir unha actitude crítica fronte ás mensaxes publicitarias.
METODOLOXÍA:
O alumnado buscará en primeiro lugar dous anuncios sexistas e  analizaraos , incluíndoos nalgunha destas categorías: 
  1. Uso sexista da linguaxe
  2. Insulta ou agride por razón de sexo
  3. Identificas as mulleres co mundo doméstico exclusivamente.
  4. Utiliza a muller como obxecto sexual.
  5. Cando utiliza comportamentos diferenciados por razón de sexo
  6. Outras.
A continuación farán unha selección dos diferentes anuncios para elaborar unha presentación.
Unha vez rematada a presentación, buscarán anuncios non sexistas para facer outra presentación. 







domingo, 18 de mayo de 2014

MARIA DE LOS ÁNGELES ALVARIÑO DE LEIRA

Unha precursora na investigación oceanográfica mundial

Nacida en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e morreu en California(Estados Unidos) o 29 maio do 2005. Foi oceanógrafa, zoóloga e Profesora galega. Dende pequena tivo inquietude intelectual e gusto pola lectura. Ata 1931 estudou en diversos centros educativos de Ferrol, para despois cursar o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1933 coas disertacións: "Insectos Sociales" e "Las mujeres en el Quijote" En 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, interrompidos pola Guerra Civil. Nese período Alvariño decide mellorar os seus coñecementos de francés e iniciarse na aprendizaxe do inglés, lingua que constituirá unha valiosa ferramenta de traballo na súa futura aventura americana nos Estados Unidos. . Unha vez reaberta a universidade, Ánxeles continúa cos seus estudos, realizando un Máster en Ciencias Naturais na Universidade de Madrid que superou con Honores. Impartiu clases de Bioloxía, Zooloxía, Botánica e Xeoloxía en colexios universitarios de Ferrol de 1941 a 1948. En 1951 obtén o Certificado de Doutoramento en Psicoloxía Experimental,Química Analítica e Ecoloxía Vexetal na Universidade de Madrid, sendo posteriomente destinada como bióloga mariño-oceanógrafa ao Instituto Español de Oceanografía en Vigo.
Foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos no Atlántico e Pacífico. No ano 1967 doutórase en Ciencias pola Universidade de Madrid
En xaneiro de 1970 obtén o cargo de Bióloga Investigadora no recoñecido Southwest Fisheries Sciencie Center para efectuar estudos sobre peixes, así como sobre o plancto
e as súas relacións coa dinámica oceánica, as pesqueiras e o efecto dos depredadores do plancto na supervivencia das larvas de peixes. Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Dous exemplares planctónicos levan o seu apelido.
Os traballos científicos orixinais publicados por Ánxeles alcanzan o centenar. Revistas como Pacific Science, Bulletin Scripps Institution e Calcofi Atlas e o Boletín del Instituto Español de Oceanografía albergaron os seus artigos.

Dende 1976 Ánxeles posúe numerosos nomeamentos académicos, sendo distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993. A universidade da Coruña dedicoulle a Semana das Ciencias en 2005. o Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de Esteiro, onde se descubriu unha placa conmemorativa en honor a unha das mulleres máis destacadas no mundo da ciencia.

viernes, 16 de mayo de 2014

A inventora do lavalouzas

O pasado 22 de xaneiro asistimos a unha conferencia  con Eva López. Eva é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais. A conferencia trataba da situación da muller ao estudar unha carreira e as saídas que tiña despois disto. Eva contounos que a maioría das matrículas da universidade eran de mulleres e tamén estas eran as que sacaban as mellores  notas. Porén os homes eran os que máis iniciativa emprendedora tiñan. En vista destes resultados  creouse Woman Emprende para que as mulleres coñecesen mellor as súas posibilidades de autoemprego unha rematados os seus estudos universitarios.
Eva López comisariou a exposición "Con nome de muller" que estivo ata o venres 31 de xaneiro no vestíbulo do noso instituto, o IES Moncho Valcarce. Nós visitámola o pasado 27 de xaneiro. Alí vimos a historia de algunhas mulleres emprendedoras como por exemplo: Indira Gandhi , Josefa Wonenburger, Maruxa Mallo, etc. Pero nós  imos falar de Josephine Cochran.

Josephine Cochran naceu no 1839 en Estados Unidos. No 1886 creou un lavalouzas mecánico manual. Josephine fixo isto para provocar unha liberación da muller dos labores da casa. Esta mesma máis adiante creou Kitchen Aid, unha empresa encargada da fabricación deste electrodoméstico. O invento vendíase co nome de lavalouzas Cochrane. Esta creou a súa propia empresa, Garis-Cochran Dish- Washing Machine Company que máis tarde se converterá en Kitchenaid, como parte de Whirlpool Corporation.

Rigoberta Menchú Tum


Rigoberta Menchú Tum naceu o 9 de Xaneiro de 1959 nun pobo do municipio de Uspantán en Quiché (Guatemala). Filla dun pai que morreu queimado na embaixada de España en Guatemala por protestar pola situación indíxena durante un asalto que realizou a policía. A súa nai foi secuestrada e torturada por grupos paramilitares. Tamén viu como asasinaban ao seu irmán polos que querían votar aos indíxenas das súas terras.

Rigoberta Menchú e unha líder guatemalteca e defensora dos dereitos humanos. O recoñecemento do seu labor e da xustiza social que representa mereceu o galardón do Premio Nobel da Paz en 1992. O recoñecemento foi pola loita da xustiza social e reconciliación que se baseaba no respeto a os dereitos dos indíxenas.

A raíz deses sucesos e moitos máis espertouse en Rigoberta Menchú a parte pacifista e converteuse nunha líder na loita polos dereitos humanos. A pesar de ser muller e de sufrir ameazas de morte, ela protestou contra os abusos laborais e as violacións dos dereitos humanos e polos dereitos e valores dos pobos indíxenas.
Publicado por somosmozas en A Terra do Preste Xoán

miércoles, 14 de mayo de 2014

O consello dun pai: unha pintura con dúas clases sociais moi diferentes


O cadro chamado O consello dun pai é unha obra do autor Plácido Francés e Pascual do ano 1892 realizado en óleo sobre lienzo.
Este cadro foi, de todos os cadros que vimos o pasado martes 17 de decembro no Museo de Belas Artes, que máis me chamou a atención.
O consello dun pai é unha pintura naturalista, xa que a obra parece que é unha fotografía. Nela pódese observar a simple vista a diferenza de clases entre os seus protagonistas, xa que o pai e as súas dúas fillas teñen roupas rotas e sucias e ata se poden observar unhas cantas ferramentas de traballo, seguramente procedentes dun albanel.
O pai, un home de mediana idade,  estalle dando unha indicación a súa filla maior. Supoñemos que está relacionado coa escena que está a acontecer ao seu carón, onde se pode ver que un home dunha clase social alta está intentando "namorar" a unha rapaza. A rapaza que pertence a unha clase social máis baixa parece que está indecisa coa proposición.
Finalmente, chegamos a conclusión, de que o que está intentando aconsellar o pai á filla, é que non confíe neste tipo de homes nun futuro, xa que o máis probable é que non estea namorado e sexa algo pasaxeiro.