Este cadro é do autor Karl Briullov, un pintor que foi
considerado como unha das figuras máis importantes durante a transición
do neoclasicismo ruso ao romanticismo.
Á parte de este cadro, o autor ten outras moitas obras, entre as cales destaca O último día de Pompeia
pintado contra 1830. Este cadro realizado en Italia foi o que fixo que
Karl Briullov se convertera nun dos mellores autores da súa época.A obra na que nos vamos centrar desde autor chámase Unha nai espertando polos choros do seu neno). O cadro pertence ó século XIX (1831) e é da época do Romanticismo. No cadro obsérvase a imaxe dunha nai que acaba de espertar ó escoitar os choros do seu pequeno, mentres o seu marido segue a durmir placidamente. Realmente non é sorprendente a imaxe da muller, xa que na época e aínda actualmente segue a ser a muller a cal, na maioría dos casos, é a encargada do coidado dos fillos, aínda que este aspecto está cambiando na sociedade. Tamén se pode apreciar o cansazo da muller, pero que o mesmo tempo está levántase con tenrura a coidar do seu neno.
Aquí vos deixo un pequeno resumen de como era a vida das mulleres durante os séculos XVIII, XIX e XX e as súas evolucións.
O vídeo fundamentalmente explica a condición da muller durante estes
tres séculos e ao mesmo tempo expón como eran as actividades das
mulleres dependendo a clase que pertenceran e os luxos que se permitían
as mulleres dunha clase ou doutra. Jenni Ríos, 1º Bacharelato B
No hay comentarios :
Publicar un comentario