O alumnado de TIC de 1º BAC
traballou buscando información sobre
escritoras que utilizaron pseudónimos masculinos ao longo da súa
carreira, ben para poder publicar as súas obras e que llas tomasen en
serio nun mundo reservado principalmente aos homes, ou simplemente para
pasar desapercibidas:
Ademais trataron de afondar nas figuras de Rosalía de Castro e Concepción Arenal, poñendo especial interese no papel que ambas as dúas desempeñaron na súa época no desenvolvemento do feminismo en España e na súa loita por defender os dereitos dos máis desfavorecidos:
Para o Día Internacional da Paz elaboraron unha presentación en Impress sobre as 15 mulleres obsequiadas co Premio Nobel da Paz, expoñendo un breve resumo sobre as súas vidas e o motivo polo cal lles foi outorgado ese galardón:
Dende un primeiro momento pretendeuse que deseñasen os seus traballos dunha forma atractiva, conseguíndoo nalgúns casos con máis acerto que noutros.
No hay comentarios :
Publicar un comentario