Esta imaxe foi sacada o día 8 de xuño de 1972, cando se estaba a desenvolver a Guerra de Vietnam: unha das guerras máis brutais do século XX. A foto púidose ver en todo o mundo reflectindo os horrores que produciu. Enfrontáronse entre 1958 e 1975 Vietnam e os Estados Unidos, debido a que estes últimos querían deter o comunismo (sistema político establecido daquela en Vietnam) pero que finalmente saíron perdendo tras se retiraren no 1973.
Esta cativa, chamada Kim Phuc saiu a correr espida pola estrada coas bágoas nos seus ollos e foi nese mesmo momento cando o fotógrafo Nick Ut a fotografou. Acto e seguido, este levouna ao hospital onde a nena permaneceu 14 meses ingresada sometida a diversas operacións de enxertos de pel.
Hoxe en día, o autor da foto asegura que a fotografía puxo fin á guerra do Vietnam, polo que se sente enormemente orgulloso de tela sacado. En canto a Kim Phuc, agora está casada e con dous fillos e axuda a todos aqueles nenos vítimas da guerra como embaixadora da Unesco.
Publicado por pinpantomalacasinho en A Terra do Preste Xoán
No hay comentarios :
Publicar un comentario