Este cadro, titulado Arrepentida, é da autoría
do pintor español Ignacio Díaz Olano. Realizou este cadro arredor
de 1895 na época do Realismo, no século XIX. Foi un alumno de Belas
Artes en Vitoria. Ignacio Díaz Olano naceu en Vitoria o 1 de
febreiro de 1860 e morre en Vitoria o 7 de Marzo de 1937 despois
dunha longa vida debuxando magníficos cadros normalmente
relacionados con mulleres.
É un cadro do estilo naturalista, pintado en óleo
sobre lenzo. O óleo consiste nunha mestura de pigmentos con un
aglutinante e unha base de aceites.
A obra reflexa unha muller arrepentida que esta rezando
na igrexa. A muller está rezando diante dun fondo de Virxes. Nós
pensamos que ela está arrepentida por ter perdido a virxindade antes
de se casar, porque as mulleres desa época tiñan que chegar virxes
ao matrimonio. Era unha sociedade máis ríxida que a actual en
materia de moral sexual.
A visión das mulleres solas na pintura do século XX
reflexa unhas veces soidade e outras desamor, erotismo.
Por exemplo este expresa a soidade dunha muller tomando
unha copa soa.
E estutro cadro exprésanos erotismo cunha muller
espida.
No hay comentarios :
Publicar un comentario