Unha
precursora na investigación oceanográfica mundial
Nacida
en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e morreu en
California(Estados Unidos) o 29 maio do 2005. Foi
oceanógrafa, zoóloga e Profesora galega. Dende pequena tivo
inquietude intelectual e gusto pola lectura. Ata 1931 estudou en
diversos centros educativos de Ferrol, para despois cursar o
Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de
Santiago de Compostela, que rematou en 1933 coas disertacións:
"Insectos Sociales" e "Las mujeres en el Quijote"
En 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade
de Madrid, interrompidos pola Guerra Civil. Nese período Alvariño
decide mellorar os seus coñecementos de francés e iniciarse na
aprendizaxe do inglés, lingua que constituirá unha valiosa
ferramenta de traballo na súa futura aventura americana nos Estados
Unidos. . Unha vez reaberta a universidade, Ánxeles continúa cos
seus estudos, realizando un Máster en Ciencias Naturais na
Universidade de Madrid que superou con Honores. Impartiu
clases de Bioloxía, Zooloxía, Botánica e Xeoloxía en colexios
universitarios de Ferrol de 1941 a 1948. En 1951 obtén o Certificado
de Doutoramento en Psicoloxía Experimental,Química Analítica e
Ecoloxía Vexetal na Universidade de Madrid, sendo posteriomente
destinada como bióloga mariño-oceanógrafa ao Instituto Español de
Oceanografía en Vigo.
Foi
a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en
calidade de científica. Participou en varias expedicións e
cruceiros científicos no Atlántico e Pacífico. No
ano 1967 doutórase en Ciencias pola Universidade de Madrid
En
xaneiro de 1970 obtén o cargo de Bióloga Investigadora no
recoñecido Southwest Fisheries Sciencie Center para efectuar
estudos sobre peixes, así como sobre o plancto
e as súas relacións coa dinámica oceánica, as pesqueiras e o efecto dos depredadores do plancto na supervivencia das larvas de peixes. Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Dous exemplares planctónicos levan o seu apelido.
e as súas relacións coa dinámica oceánica, as pesqueiras e o efecto dos depredadores do plancto na supervivencia das larvas de peixes. Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Dous exemplares planctónicos levan o seu apelido.
Os
traballos científicos orixinais publicados por Ánxeles alcanzan o
centenar. Revistas como Pacific
Science, Bulletin Scripps Institution
e Calcofi
Atlas
e o Boletín
del Instituto Español de Oceanografía
albergaron os seus artigos.
Dende
1976 Ánxeles posúe numerosos nomeamentos académicos, sendo
distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993. A
universidade da Coruña dedicoulle a Semana das Ciencias en 2005. o
Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de
Esteiro, onde se descubriu unha
placa conmemorativa en honor a unha das mulleres máis destacadas no
mundo da ciencia.
No hay comentarios :
Publicar un comentario