O cadro chamado O
consello dun pai é unha obra do autor Plácido
Francés e Pascual do ano 1892 realizado en óleo sobre
lienzo.
Este cadro foi, de todos os cadros que vimos o pasado
martes 17 de decembro no Museo de Belas Artes, que máis me chamou a atención.
O consello dun pai é
unha
pintura naturalista, xa que a obra parece que é unha
fotografía. Nela pódese observar a simple vista a diferenza de
clases entre os seus protagonistas, xa que o pai e as súas dúas
fillas teñen roupas rotas e sucias e ata se poden observar unhas
cantas ferramentas de traballo, seguramente procedentes dun albanel.
O pai, un home de mediana idade, estalle dando
unha indicación a súa filla maior. Supoñemos que está relacionado
coa escena que está a acontecer ao seu carón, onde se pode ver que
un home dunha clase social alta está intentando "namorar"
a unha rapaza. A rapaza que pertence a unha clase social máis baixa
parece que está indecisa coa proposición.
Finalmente, chegamos a conclusión, de que o que está
intentando aconsellar o pai á filla, é que non confíe neste tipo
de homes nun futuro, xa que o máis probable é que non estea
namorado e sexa algo pasaxeiro.
No hay comentarios :
Publicar un comentario