O
pasado martes 17 de decembro fomos de excursión á cidade da Coruña,
pasámolo moi ben, pois foi unha forma máis cercana de ver o
noso pasado. Onde mellos o pasamos foi no museo de Belas
Artes, alí chamounos a atención un precioso cadro cun
título que xa
é moi rechamante: Castigo.
Este
cadro do ano 1890, pertence ao autor Tomás Muñoz Lucena (
1860-1893)
Castigo é
unha pintura costumista, propia do estilo realista. O realismo foi un
movemento artístico do XIX que pretendeu, entre outras cousas, que a
obra de arte fose unha exposición de usos e costumes sociais.
Vemos
unha escola, moi diferente ás de agora, pois antigamente estaban
divididas por sexo, é dicir, a escola dos homes e a das mulleres. As
escolas das mulleres como a representada normalmente tiñan moi
poucas alumnas, xa que a maioría eran analfabetas. Había unha serie
de tarefas que eran consideradas propias de mulleres: por
exemplo no cadro podemos ver coser ás alumnas da escola. Na
escola, as mulleres daquela época aprendían cousas como coser ou
tocar o piano. Diante dun pupitre de madeira escura, unha muller
ganchillando escoita a a conversación da nena sentada ao seu lado.
Diante
delas unha nena sentada cun vestido rosa, en actitude pensativa e
enfadada, sostén un papel similar a outros tirados frente a ela. Por
iso deducimos que a nena fixo mal a tarefa e está castigada. De aí
o nome do cadro: Castigo.
Emilia
Pardo Bazan foi unha muller que foi a unha escola semellante, e dixo
que o que se aprendía alí era: “a arte de perder o tempo”.
A
nós parecenos un símbolo de machismo separar as escolas por
sexo e aprender oficios diferentes, pois pensamos que deberian estar
xuntos homes e mulleres e aprender as mismas tarefas.
Por
outro lado, o castigo que se lle da a nena non nos parece adecuado
pois ela esforzaríase en facer o traballo non se debería rachar, se
non corrixilo. Aínda que vemos modos peores, por exemplo: pegarlle.
No hay comentarios :
Publicar un comentario