Rigoberta Menchú
Tum naceu o 9 de Xaneiro de 1959 nun pobo do municipio de Uspantán
en Quiché (Guatemala). Filla dun pai que morreu queimado na
embaixada de España en Guatemala por protestar pola situación
indíxena durante un asalto que realizou a policía. A súa nai foi
secuestrada e torturada por grupos paramilitares. Tamén viu como
asasinaban ao seu irmán polos que querían votar aos indíxenas das
súas terras.
Rigoberta Menchú e
unha líder guatemalteca e defensora dos dereitos humanos. O
recoñecemento do seu labor e da xustiza social que representa
mereceu o galardón do Premio Nobel da Paz en 1992. O recoñecemento
foi pola loita da xustiza social e reconciliación que se baseaba no
respeto a os dereitos dos indíxenas.
A raíz deses
sucesos e moitos máis espertouse en Rigoberta Menchú a parte
pacifista e converteuse nunha líder na loita polos dereitos humanos.
A pesar de ser muller e de sufrir ameazas de morte, ela protestou
contra os abusos laborais e as violacións dos dereitos humanos e
polos dereitos e valores dos pobos indíxenas.
Publicado por somosmozas en A Terra do Preste Xoán
No hay comentarios :
Publicar un comentario