MULLERES E CIENCIA: HISTORIAS DUN TRABALLO SEN ROSTRO
INTRODUCIÓN:As mulleres contribuíron á ciencia dende os seus inicios aínda que non sempre fosen recoñecidas por iso. En numerosas ocasións topáronse con barreiras moitas veces infranqueables para que os seus traballos fosen aceptados.
OBXECTIVOS:
- Coñecer a existencia destas mulleres científicas
- Destacar a achega de diferentes mulleres galegas á ciencia
- Reflexionar sobre as dificultades destas mulleres valorando o empeño mostrado por estas para desenvolver un traballo menosprezado pola sociedade.
- Utilizar as Tics como ferramenta de traballo.
METODOLOXÍA
O alumnado de 1º bacharelato buscará a biografía de mulleres científicas galegas e realizarán unha presentación sobre elas. Nesta presentación aparecerá información sobre a vida da científica, os seus descubrimentos científicos máis relevantes, premios, detalles anecdóticos...
No hay comentarios :
Publicar un comentario