INTRODUCIÓN: A publicidade invádenos, por iso é tan importante analizar o sexismo que se esconde nos anuncios de televisión, prensa... Estas mensaxes que lanza a publicidade serven para reforzar estereotipos e tópicos, é fundamental analizála e fomentar unha actitude crítica para rematar con ela.
OBXETIVOS:
- Coñecer como interveñen os medios de comunicación na construcción da identidade.
- Achegar claves,instrumentos e conceptos que permitan recoñecer ás distintas situacións de sexismo na publicidade.
- Adquirir unha actitude crítica fronte ás mensaxes publicitarias.
METODOLOXÍA:
O alumnado buscará en primeiro lugar dous anuncios sexistas e analizaraos , incluíndoos nalgunha destas categorías:
- Uso sexista da linguaxe
- Insulta ou agride por razón de sexo
- Identificas as mulleres co mundo doméstico exclusivamente.
- Utiliza a muller como obxecto sexual.
- Cando utiliza comportamentos diferenciados por razón de sexo
- Outras.
A continuación farán unha selección dos diferentes anuncios para elaborar unha presentación.
Unha vez rematada a presentación, buscarán anuncios non sexistas para facer outra presentación.
No hay comentarios :
Publicar un comentario