![Woman emprende](http://www.mujeresycia.com/uploads/img/womanemprende.jpg)
O
pasado 22 de xaneiro asistimos a unha conferencia con Eva López. Eva é
licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais. A conferencia trataba
da situación da muller ao estudar unha carreira e as saídas que tiña
despois disto.
Eva contounos que a maioría das matrículas da
universidade eran de mulleres e tamén estas eran as que sacaban as
mellores notas. Porén os homes eran os que máis iniciativa emprendedora
tiñan. En vista destes resultados creouse
Woman Emprende para que as mulleres coñecesen mellor as súas posibilidades de autoemprego unha rematados os seus estudos universitarios.
Eva
López comisariou a exposición "Con nome de muller" que estivo ata o
venres 31 de xaneiro no vestíbulo do noso instituto, o IES Moncho
Valcarce. Nós visitámola o pasado 27 de xaneiro. Alí vimos a historia
de algunhas
mulleres emprendedoras como por exemplo:
Indira Gandhi , J
osefa Wonenburger,
Maruxa Mallo, etc. Pero nós imos falar de Josephine Cochran.
![josephine escribindo](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiUqNpw1EHt0Ul2Qz6Cs5TyaO889l6azmG4ytHuAUUZ6NXEJ7wzRh2gEGZoeS2Ah2M_mJFzvZ2Yy_4gpY2-MdMAjhjwmszbn4KLrVFim_bm9Qvr45rlt1PluvdLx3oaq8KNmQRhyVHQfSe8/s320/Josephine_Garis_Cochran.jpg)
Josephine Cochran naceu no 1839 en Estados Unidos. No 1886 creou un
lavalouzas
mecánico manual. Josephine fixo isto para provocar unha liberación da
muller dos labores da casa. Esta mesma máis adiante creou Kitchen Aid,
unha empresa encargada da fabricación deste electrodoméstico. O invento
vendíase co nome de lavalouzas Cochrane. Esta creou a súa propia
empresa, Garis-Cochran Dish- Washing Machine Company que máis tarde se
converterá en Kitchenaid, como parte de
Whirlpool Corporation.
No hay comentarios :
Publicar un comentario