Interesounos e sorprendeunos a entrevista realizada na revista
XLSemanal
a
Brigitt Hoess, a filla de Rudolf Hoess, o creador do campo
de exterminio de Auschwitz,
polo que decidimos publicar unha entrada no blogue.
Brigitt cóntanos que nunca lle falou a ninguén do seu
pai, nin sequera aos seus propios fillos. O seu pai foi un home capaz
de asasinar a dos millóns de persoas, aínda que para ela non era un
home cruel, senón que todo o contrario, para Brigitt era unha unha
boa persoa e pensa que no fondo sentíase triste polo que facía,
dinos que non tivo opción.
Na actualidade, a filla de Hoess vive baixo outro nome
e non quere que todo o mundo saiba quen é, polo que na entrevista
non aparece ningunha foto de ela agora.
Comparte con nós como viviu o momento no que foron a
buscar o seu pai a súa casa para aforcalo en 1947, tras o final da
guerra : “Cando entraron na casa, eu estaba sentada na mesa coa
miña irmá. Tiña 13 anos. Os soldados repetían: Onde está o teu
pai? Tiven moitos dolores de cabeza que me duraron anos”.
Para finalizar, deducimos que Brigitte ten a súa
propia opinión sobre o seu pai, un ser terrible para a gran maioría
da poboación pero un pai admirable e moi boa persoa coa súa
familia, a cal se viu sumida á pobreza tras a morte de Hoess.
Na actualidade, os seus irmáns residen en Alemaña, e
un sobriño de Brigitte recoñece publicamente o seu parentesco e
tamén o seu odio ao seu avó.
No hay comentarios :
Publicar un comentario