Decidimos elaborar unha entrada acerca da situación que está a vivir a muller na
India e en moitos outros países. Este tema resultounos interesante, porque vimos
unha noticia nun xornal
a pasada fin de semana, unha noticia que foi escrita fai meses, pero
isto non quere dicir que xa non se siga vivindo esta cruel situación,
polo que decidimos buscar información e mostrárvola.
Para comezar debemos dicir que por razóns culturais, moitas familias de diferentes países,
abortan ao saber que van ter unha nena, para nós é algo que xa sabíamos, polas
numerosas noticias impactantes
que aparecen nos xornais ou na televisión todos os días, pero nesta
entrada intentaremos aclarar un pouco máis esta terrible situación de
dominio dos homes.
Moitas parellas deciden ter un bebé, pero cando
se enteran de que é unha nena deciden abortar, ou optan por outra
opción, na nosa opinión moito peor, que é abandonala con tan só uns días
de vida.
Resulta
impactante dicir isto en pleno século XXI pero nun sondeo recente,
India figura como o cuarto país máis peligroso para vivir sendo muller.
Existe un alto índice de pobreza e isto fai que moitas familias fagan
todo o posible por casar ás súas fillas cando aínda son nenas, isto
déixanos ver o machismo ao que están sometidas as mulleres, xa que están
vistas como obxectos que serven para ter fillos varóns ou para atender
ao home en todo momento. Algunhas mulleres sofren maltratos, tanto
psicolóxicos como físicos, como xa observamos nalgunha das noticias
citadas con anterioridade.
Para
intentar sacar unha parte "positiva" de todo isto, decidimos falar
tamén sobre os centros de acollida, lugares onde unhas moi boas persoas e
dignas de admirar decidiron recoller ás pequenas abandonadas polos seus
crueis pais e crialas,darlles o mellor dentro da pobreza e as
dificultades que están a vivir no seu país.
No hay comentarios :
Publicar un comentario